Unha primeira achega á obra de Vicente Risco pasa polo feito de que deades unha volta pola web da Fundación Vicente Risco, sita en Allariz, onde atoparedes moitos materiais interesantes dende vídeos elaborados a partir das súas obras ata facsímiles ou os propios textos que poderedes ler on line. E, coma sempre, tamén encontraredes maís info sobre este escritor aquí.
E, do mesmo xeito, para achegarnos á obra Ramón Otero Pedrayo sería conveniente que visitarades a web da súa fundación que se atopa na súa casa natal, en Trasalba. E logo lede a seguinte entrada.
Entre o abundante material que hai na rede sobre este escritor, cómpre destacar o seguinte blog, que adicado á obra O fidalgo e outros relatos, contén aspectos xerais da súa obra de moito interese.
E aquí vos deixo o traballo ben fermoso que realizou alumnado de 1ESO de Vilagarcía cun fragmento de Arredor de si:


Ningún comentario:
Publicar un comentario