martes, 24 de novembro de 2015

Castelao

Que vos parece se empezamos lendo Cousas da vida? Ou Un ollo de vidro? Ou Retrincos? Para unha primeira aproximación á obra de Castelao podemos empezar por esta presentación de Román Landin  ou esta; interesante tamén este traballo realizado co gallo do seu 129 aniversario. E, por suposto, podedes ver este filme sobre a súa vida do que che deixamos o enlace ao capítulo I ou ir a esta entrada.
Sabedes que amais de escritor foi un gran artista, un gran debuxante: aquí tedes unha presentación dos álbumes inspirados na Guerra civil; e aquí o álbum Nós. E unha mostra en formato vídeo da súa obra pictórica.
E este ano celebrouse o 70 aniversario da edición de Sempre en Galiza. Velaquí o proxecto do Consello da Cultura e a canle de youtube cos vídeos da lectura colectiva.
E, non podiamos deixar esquecido o seu teatro; por iso podedes ver esta representación de Os vellos non deben de namorarse.
A obra de Castelao serviu de inspiración e obxecto para outros artistas, sobre todo do cine e a música. Velaquí algunhas mostras:
a) O pai de Migueliño de M. Castelo, baseado no conto homónimo.
b) Ollo de vidro, animación baseada na novela curta Un ollo de vidro
c) Quérote tal como son, baseada no conto Sabela 
d)  Os vellos non debe de namorarse, curta baseada na obra homónima
d) Nesta canle de youtube teredes varios relatos de Retrincos levados ao cine por alumnado da ESO.
e) Lela, a canción que aparece en Os vellos... é unha das poucas mostras poéticas de castelao. Hai moitas versións, escollemos a de Dulce Pontes
f) Suso Vaamonde cantándolle a Castelao.
 E rematamos co famoso vídeo do traslado dos seus restos en 1984 a Compostela


Ningún comentario:

Publicar un comentario