martes, 23 de febreiro de 2016

Galicia na Guerra Civil: o exilio (1936-1975)

Na unidade 4 coñecemos algunhas das consecuencias que tivo o triunfo da sublevación militar. Unha presentación axeitada ofrécesenos dende Trafegando ronseis e podedes vela neste enlace ; tamén é de moito interese estoutra, centrada no labor cultural e literario levada a cabo no exilio. E se queredes revisar cal era a situación da lingua neste período non deixedes de botarlle un ollo ao seguinte enlace.
E amais centrámonos na obra poética dalgúns autores do exilio como Luís Seoane e o Laboratorio de Formas ou Lorenzo Varela e, sobre todo, na figura de Eduardo Blanco Amor autor de A esmorga.
E tamén falamos de cine e Guerra Civil. Daquela xa podedes ver O lapis do carpinteiro baseada na obra homónima de Manuel Rivas.

martes, 24 de novembro de 2015

As vangardas na literatura galega

Para este capítulo imos seguir a magnífica unidade didáctica que en forma de blog elaborou a profesora Pilar Ponte. E de xeito máis abreviado podemos ver esta presentación de Carme Moure ou estoutra de Trafegando Ronseis.
Un dos textos máis importantes das vangardas galegas é o Manifesto Máis Alá! que podes ler aquí. E velaquí unha presentación das vangardas galegas.
Nesta páxina tedes moitos poemas comentados de Manuel Antonio que vos poden ser de utilidade.
E que vos parece esta versión de Aerials?

Lingua e sociedade: 1900-actualidade

Canto á historia social da lingua galega adóitase distinguir:
a) A lingua no primeiro terzo do século XX. Para repasar o visto na aula podes botarlle unha ollada a esta presentación ou a estoutra.
E mira de novo este vídeo:

b) A lingua dende 1936 a 1975. Para este período son interesantes algunhas presentacións como a que hai neste enlace.

c) E na unidade 3 traballamos tamén a situación da lingua dende 1978 ata a actualidade. E para iso non perdas esta presentación.


Castelao

Que vos parece se empezamos lendo Cousas da vida? Ou Un ollo de vidro? Ou Retrincos? Para unha primeira aproximación á obra de Castelao podemos empezar por esta presentación de Román Landin  ou esta; interesante tamén este traballo realizado co gallo do seu 129 aniversario. E, por suposto, podedes ver este filme sobre a súa vida do que che deixamos o enlace ao capítulo I ou ir a esta entrada.
Sabedes que amais de escritor foi un gran artista, un gran debuxante: aquí tedes unha presentación dos álbumes inspirados na Guerra civil; e aquí o álbum Nós. E unha mostra en formato vídeo da súa obra pictórica.
E este ano celebrouse o 70 aniversario da edición de Sempre en Galiza. Velaquí o proxecto do Consello da Cultura e a canle de youtube cos vídeos da lectura colectiva.
E, non podiamos deixar esquecido o seu teatro; por iso podedes ver esta representación de Os vellos non deben de namorarse.
A obra de Castelao serviu de inspiración e obxecto para outros artistas, sobre todo do cine e a música. Velaquí algunhas mostras:
a) O pai de Migueliño de M. Castelo, baseado no conto homónimo.
b) Ollo de vidro, animación baseada na novela curta Un ollo de vidro
c) Quérote tal como son, baseada no conto Sabela 
d)  Os vellos non debe de namorarse, curta baseada na obra homónima
d) Nesta canle de youtube teredes varios relatos de Retrincos levados ao cine por alumnado da ESO.
e) Lela, a canción que aparece en Os vellos... é unha das poucas mostras poéticas de castelao. Hai moitas versións, escollemos a de Dulce Pontes
f) Suso Vaamonde cantándolle a Castelao.
 E rematamos co famoso vídeo do traslado dos seus restos en 1984 a Compostela


Vicente Risco e Otero Pedrayo

Unha primeira achega á obra de Vicente  Risco pasa  polo feito de que deades unha volta pola web da Fundación Vicente Risco, sita en Allariz, onde atoparedes moitos materiais interesantes dende vídeos elaborados a partir das súas obras ata facsímiles ou os propios textos que poderedes ler on line. E, coma sempre, tamén encontraredes maís info sobre este escritor aquí.
E, do mesmo xeito, para achegarnos á obra Ramón Otero Pedrayo sería conveniente que visitarades a web da súa fundación que se atopa na súa casa natal, en Trasalba. E logo lede a seguinte entrada.
Entre o abundante material que hai na rede sobre este escritor, cómpre destacar o seguinte blog, que adicado á obra O fidalgo e outros relatos, contén aspectos xerais da súa obra de moito interese.
E aquí vos deixo o traballo ben fermoso que realizou alumnado de 1ESO de Vilagarcía cun fragmento de Arredor de si:

O grupo Nós

Para comezar esta unidade podedes botarlle unha ollada a este vídeo que elaborou o alumnado de Cangas. Máis info sobre este grupo literario e sobre a revista Nós na Galipedia ou no Estudo da profesora C. Sanjulián.   
E de seguido podedes botarlle unha ollada a esta presentación sobre os autores do devandito grupo e a estoutra que se centra na prosa da época, da que este grupo foi un gran impulsor e renovador. E finalmente seguro que fas ben estes exercicios.
E, por último, bótalle unhas gargalladas:

Ramón Cabanillas

Ramón Cabanillas é un dos escritores máis relevantes da primeira metade do século XX. Aquí tedes unha pequena anotación biográfica e moitos textos da súa extensa obra. Tamén houbo certos intentos de aachegarnos a súa biografía a través dalgúns vídeos coma este ou estoutro:

A súa obra inspirou amais moitas creacións audiovisuais:
a) cine: A fouce esquecida (a. 1978) de Benxamín Rey
b) videocreacións: En pé ou Irmán Daniel (versión de Juan Pardo) ou Irmán de El puto Coke.
c) recitados: fragmento de A noite estrelecida
d) unha recreación de A man da santiña.
e) música:
E nestes enlaces atoparedes máis info do poeta: na AELG, neste discurso de F. Fdez Rei, neste número de Terra e tempo ou sobre Na noite estrelecida. E sabiades que xa hai poemas del traducidos ao inglés, francés e xaponés?